Esquina superior izquierda Esquina superior derecha
    A REFORMA DA LOU DEBE RESPONDER ÁS DEMANDAS DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA
Aínda ben non cumprimos coa loita lexítima establecida para mellorar a Lei Orgánica de Educación (LOE), que se atopa no seu proceso parlamentario, que temos que entrar xa de cheo na reforma da Lei Orgánica Universitaria (LOU) do PP, que foi contestada por unha gran maioría da sociedade, o mesmo que a LOCE, tamén do PP.

Nunha primeira lectura do texto da modificación da LOU presentada polo MEC no pasado 27 de outubro, FETE-UGT aprecia a falta dun modelo para a Universidade Española, delegando nas Comunidades autónomas e Universidades, que aínda que esteamos de acordo na descentralización, o que si está claro é que ten ser un modelo no que ninguén se vexa excluído, e polo tanto telo como referencia para logo aplicar a autonomía da Comunidade respectiva ou a autonomía da Universidade.

A universidade precisa duns criterios mínimos de lexislación común que vertebren o ensino universitario das comunidades autónomas.

FETE-UGT resalta o seguinte do texto do proxecto de reforma:

· Contidos que quedan confusos:

- Composición e representación das Universidades Públicas.
- Avaliación e acreditación sen contido nin función.
- Profesorado Contratado laboral.
- Carreira docente coa transformación do TEU en TU.
- Réxime Económico e Orzamentario das Universidades Públicas.
- A Investigación na Universidade.

· Contén preceptos que poderían ser de dubidosa constitucionalidade ao permitir crear contratos laborais nas Comunidades Autónomas.

· Deixa uns marxes ás Comunidades Autónomas que, cando menos, será difícil compatibilizar coa Converxencia Europea ou na procura de criterios uniformes de calidade.

· Esquece os dereitos profesionais dos Corpos de Funcionarios docentes.

· Utiliza un complemento retributivo, como o sexenio, como elemento de

· clasificación entre Corpos docentes, brincando sobre a legalidade vixente.

· Non fala de coordinación entre a Administración Central e a Autonómica en relación coas políticas de profesorado e orzamentos da Educación Superior.

· Non recolle ningunha regulación sobre o Persoal de Administración e Servizos, a súa profesionalización e carreira administrativa.

Dende esta análise de urxencia invitamos a un debate profundo das modificacións da LOU cos desexos dunha Universidade máis democrática e científica por parte de profesores, estudantes e persoal de administración e servizos.

Demandamos ao goberno o esforzo necesario para que a reforma da LOU responda ás esixencias que vén formulando a comunidade universitaria dende a aprobación desa lei hai catro anos.

FETE-UGT Galicia
Esquina inferior izquierda Esquina inferior derecha